Publicado en Traballos individuais

Nós ou a tecnoloxía

O futuro é, na meirande partes dos casos, imprevisible, é dicir, non podemos asegurar nada a ciencia certa. Porén, si que podemos facer unha previsión que se achegue, en menor ou maior medida, ao que nós imaxinamos.

O mundo da tecnoloxía avanza a unha velocidade de vertixe e, neste terreo, quizabes cómpre ter un pouco máis de coidado cos nosos prognósticos. Non podemos comparar o mundo tecnolóxico de fai uns anos co actual, pois as transformacións son verdadeiramente significativas.

O feito é que o progreso non pasa desapercibido… É a nosa vida máis fácil hoxe en día? Sen dubida si que o é pero… é isto algo positivo? O innegábel é que moitos estudos aseguran que realmente repercute na nosa vida diaria e, que ademais, deriva en consecuencias negativas como, por exemplo, a perda de concentración dos usuarios.

Hogano estamos constantemente conectados uns cos outros. A comunicación é agora un proceso aínda máis sinxelo, rápido e eficaz. A información multiplícase segundo a segundo. Podemos pór a disposición do planeta enteiro calquera tipo de documento soamente con subilo á rede.

Compartir a nosa vida é algo que, para algúns, é  urxente, prioritario… Pode parecer que a privacidade das persoas estea, nos últimos tempos, en perigo de extinción. Por esta mesma razón é necesario concienciar a poboación do incerto futuro que se aveciña. Ata que punto queremos compartir? O fenómeno do “internet das cousas” contribúe a introducir na rede elementos que antes non se introducían. A monitorización das nosas constantes vitais a través de certos dispositivos electrónicos é unha realidade. Que ocorre con eses datos?

As máquinas fan máis por nós agora do que nós facemos por elas. Temos que establecer límites, fronteiras, é dicir, non é algo malo que a tecnoloxía sexa unha ferramenta que axude mellorar o noso día a día. Mais si que é preciso que sexamos nós os que conduzamos a nosa vida. Non podemos permitir que a tecnoloxía pense sempre por nós posto que, desta forma, o ser humano deixará de pensar por si mesmo. Se podemos razoar por nós mesmos, por que non o facemos?

Asemade, vaticinar o que vai ocorrer é algo complicado e, tamén, falar de humanoides é posibelmente esaxerar máis da conta. As persoas seguirán sendo persoas, pois a tecnoloxía é unicamente un engadido, ao menos, polo de agora.  Pensar que temos que aprender a convivir con ela é un factor preocupante, é unha pequena alerta que non debemos de ignorar. Somos nós os que decidimos que espazo ten que ocupar a tecnoloxía na nosa vida, e non ao contrario. O futuro depende de nós, non da tecnoloxía. Teñámolo claro.

Alfonso Alonso S.

Unha opinión sobre “Nós ou a tecnoloxía

  1. Era unha reflexión sobre as tecnoloxías actuáis como ían evolucionar, como se presenta o futuro co internet das cousas, a ciencia dos datos, intelixencia artificial, algoritmos, robots, etcétera. Tamén era unha forma de documentarse e incorporar puntos de vista de autores.

    Gústame

Deixar un comentario