Publicado en Xornalismo de datos

O xornalismo na era dos datos

Neste traballo pretendemos analizar un documento audiovisual e engadir información recabada por nós mesmos sobre o Xornalismo de Datos.

  1. ASUNTOS ABORDADOS NO DOCUMENTAL

    O documental titulado Journalism in the Age of Data xira ao redor dunha das disciplinas xornalísticas que está máis en auxe na actualidade: o periodismo de datos. Xunto a ese concepto, introduce outro que lle é intrínseco. Fala, así, da visualización deses datos para facelos comprensibles a ollos do público, ademais de facilitar o acceso á información e de captar a atención da audiencia. 

    Porén, pese a que o feito de atraer interese é de gran importancia para os medios, non se debe descoidar o contido. En dito documental, trátase a necesidade de empregar os datos como base de historias fiadas a través dunha narrativa e dotadas dun contexto que as asente na realidade. Así, un traballo óptimo sería aquel que presentara unha estética altamente atractiva, un elevado grao de interacción e que, ademais, contara cunha axuda que nos guiara na interpretación dos datos.

    O obxectivo é, coma sempre, informar. Por iso, o lector non debe perderse no proceso de visualización. Existen numerosas técnicas para lograr iso (paso de diapositivas, historia profundizada, gráficos en movemento, etc.) Crear estes contidos require, entón, de coñecementos previos no ámbito da Estatística, do deseño, da programación e da tecnoloxía. Nese sentido, tamén se fai referencia á demanda de profesionais con esas cualidades por parte dos medios. Enténdese que a vida é un continuo fluír de datos e, polo tanto, de historias que contar. Acrecentarase isto nun futuro, cando os avances tecnolóxicos e informáticos multipliquen a cantidade de datos xerados automaticamente. Por iso, será importante contar con xornalistas capaces de deseñar ferramentas útiles e simples que permitan reflectir aqueles aspectos interesantes que atopemos logo de analizar os datos.

    Finalmente, menciónanse varias aplicacións orientadas a este campo, así como algúns consellos para iniciarse neste mundo. A especialización e a aposta por unha evolución persoal, apoiadas nunha preparación a nivel de deseño e estatístico, serán as claves do éxito.

  1. IDENTIFICAR AS FONTES

Persoais:

  • Allen, Shawn (Stamen Design): Artífice dun proxecto sobre índices de criminalidade na cidade de San Francisco (Crimespotting)
  • Byrne-Fraser, Scott (BBC News Online): Para unha mellor asimilación dos datos xoga co pase de diapositivas como un contagotas que vai ampliando a información transmitida.
  • Cairo, Alberto (Editora Globo, Brazil) Comenta que as infografías están dominadas pola moda, polo que moitas veces os gráficos son difíciles de entender e frustran ao lector.
  • Cox, Amanda (The New York Times): Elabora gran parte dos gráficos deste diario, para ela o imprescindible da visualización de datos é cambiar a percepción do mundo. A narrativa é importante a hora de comunicar datos.
  • Davis, Chase (CaliforniaWatch.org): Deseñou un mapa interactivo de Texas que xoga cos datos desde o máis global ata o máis concreto al longo de todo o estado. 
  • Dédier, Eric (Lemonde.fr): Creou Le Sept, sistema de creación de contidos infográficos deste medio francés.
  • Duenes, Steve (The New York Times): explica os gráficos utilizados publicados no seu diario e comenta a evolución da súa visualización e presentación. Destaca o traballo da súa compañeira Amanda Cox. 
  • Ericson, Matthew (The New York Times): Traballa con gráficos que se autoactualizán servíndose de información pública que actualizan desde distintos servidores. Creación de códigos que se poidan reutilizar en diferentes proxectos.
  • Fairfield, Hannah (editora de gráficos de The New York Times): Creou unha guía para facilitar a lectura dos gráficos.
  • Felton, Nicholas (deseñador gráfico): Deseñou un informe da súa vida baseado nas cifras do 2005 en relación a todo tipo de cousas cotiás que poidera ter realizado.
  • Fry, Ben (consultor de deseño e software): Na súa opinión debemos traballar tanto a estética visual dos datos como o que transmiten. Insiste en chegar ao lado humano das cifras.
  • Grimwade, John (Condé Nast): Insiste en contar a historia detrás dos números de maneira clara.
  • Heer, Jeffrey  (investigador da Universidade de Stanford) : Incide na importancia da visualización para contextualizar os datos. A visualización recolle ideas de outros campos pero incorpora a interacción. Importancia de tecnoloxías como Flash para executar os gráficos na web. Creou Protovis, un patrón para o deseño de visualizacións. Considera fundamental que un xornalista teña coñecementos en estatística.
  • Holmes, Nigel (diseñador de gráficos informativos): Os datos deben ser comprensibles e visualmente atractivos. A web engade valor á visualización, ao acompañala de diversos elementos como a música, os efectos de son, imaxen en movemento…
  • Koblin, Aaron (membro do laboratorio creativo de Google): Presenta o seu proxecto sobre o tráfico aéreo de Norte América durante 24 horas.
  • Koci Hernandez, Richard (Universidade de California, Berkeley): Fusionar visualización con narrativa. Tutoriales que acheguen a creación de datos ao publico medio.
  • Molén, Thomas (Svenska Dagbladet): Traballo sobre as votacións no concurso de Eurovisión.
  • Paige West, J. (traballa en MSNBC.com): Cre que sería importante incorporar unha guía de visualización para que o público se sinta cómodo cos datos e saiba como analizalos.
  • Pickoff-White, Lisa (CaliforniaWatch.org): Aboga por unha maior accesibilidade para que o público poida crear as súas propias visualizacións.
  • Quealy, Kevin (The New York Times): Parte da base de que a todo o mundo lle gusta coñecer os datos relativos ao seu vecindario, polo que se poden facer diferentes gráficos deste tipo.
  • Ray, Jim (traballa en MSNBC.com): Incide na importancia de crear ferramentas para visualizar datos en tempo real.
  • Robinson, Michael (The Guardian): Pregúntase se os lectores están quedando atrás no ritmo que levan os creadores.
  • Rodenbeck, Eric (Stamen Design): Sostén que todo evento cultural terá unha visualización para poder seguilo. Engade o factor interactivo para dirixir ao público a unha mellor contextualización dos datos observados.
  • Rosling, Ola (Google): Desenvolve unha ferramenta que permite ter datos públicos a disposición de calquera que use Google, incorporando un contexto e evolución deses datos.
  • Slobin, Sarah (Wall Street Journal)  Fai referencia a “The Fortune 500 Cosmos”, unha visualización moi atractiva pero sen historia que a respalde.
  • Steiger, Paul (xornalista de ProPublica) Afirma que a audiencia reclama transparencia, pero dentro das organizacións ou empresas sempre existen datos que non interesa publicar.
  • Stoll, Michael (Universidade de Augsburgo): Destaca a importancia do coñecemento en ciencias sociais, ferramentas web, público e tecnoloxías para xogar coas visualizacións.
  • Valiño, Álvaro (daquela, diario Público; agora: grafista en www.alvarovalino.com/): Desenvolvemento das estadísticas de forma clara.
  • Viégas, Fernanda (investigadora de IBM Research): traballa nun proxecto para a democratización de datos chamado Many Eeyes. Sostén que a visión é a chave para unha óptima comprensión dos datos.
  • Viesselman, Kris (Society for News Design) Considera que antes os gráficos incorporaban máis narrativa, pero agora o exceso de datos dificulta a lectura da información.
  • Wattenberg, Martin (investigador de IBM Research): traballa nun proxecto para a visualización e democratización de datos chamado Many Eyes. Para a visualización é importante que haxa transparencia na orixe dos datos.

Empresas e institucións aludidas:

  • BBC News: Entidade da BBC encargada de recompilar e reproducir información de actualidade no Reino Unido.
  • Google: Compañía especializada en productos e servizos relacionados con internet, software e novas tecnoloxías. Neste documental presenta unha ferramenta para lograr unha maior accesibilidade aos datos públicos.
  • IBM: Multinacional estadounidense que comercia con software e hardware para computadoras.
  • LeMonde.fr: Xornal de referencia en Francia fundado en París en 1944.
  • Malofiej Infographics Conference: A Sociedade de Deseño de Xornais celebra anualmente esta convención en Pamplona para premiar os traballos infográficos máis innovadores.
  • OnVia: Empresa adicada a comerciar con tecnoloxía avanzada de seguimento de datos en todo o mundo.
  • Society for News Design: Organización internacional para profesionais do mundo da comunicación visual.
  • The New York Times: Cabeceira principal de EEUU fundada en 1851, gañadora ata en 108 ocasións do Premio Pulitzer.
  • Unión de Radiofusión Europea: Organización internacional de radiofusión pública con sé en Xenebra. 
  • Universidade de California, Berkeley
  • Universidade de Stanford

Traballos aludidos:

  • All Roads (2006)
  • BBC News Online: “Global Economy”,”Crash: Death on Britain’s roads”, “UK fatalities in Afghanistan and Iraq”
  • Crimespotting” de Felton Design
  • Crisis of credit visualized” de Jonathan Jarvis (2009)
  • Data.gov: Base de datos do Goberno dos Estados Unidos publicada para o uso público que permite a creación de visualización, traballos de investigación, desenvolvemento de traballos web, etc.
  • Ebb and Flow at the Box Office” de Amanda Cox e Lee Biron
  • Flare“, de Jeff Heer
  • Flight Patterns (2005) de Aaron Koblin
  • Fortune 500: “The secret of enduring greatness”
  • Informe Felton” de Nicholas Felton
  • Many Eyes: Portal gratuito de visualización de infografías sobre múltiples temas. “Distribution of US Foreign Aid over time, 1946-2005”, “Big Banks”, “Co-Occurrences of Names in the New Testament”
  • Protovis“: Ferramenta de JavaScript que permite a creación e visualización de infografías. De Jeff Heer.
  • The New York Times: “Diagrama Voronoi”, “All inflation’s Little Parts”, “Obama’s 2011 Budget Proposal: How It’s Spent”, “Budget Forecasts, Compared With Reality”, “The Jobless Rate for People Like You”
  • Vampire Energy” de Nigel Holmes
  1. IMPORTANCIA DO XORNALISMO DE DATOS

     A importancia do xornalismo de datos radica na controversia dos datos cos que se traballa. Por unha parte, podemos falar de datos en calidade de fonte e, por outra, tamén podemos consideralos unha ferramenta á nosa dispoñibilidade. Este periodismo é relevante non só polo que supón a simplificación dos datos, senón pola súa capacidade para facer visible aquelo que o ollo humano pasa por desapercibido, por transformar o abstracto en algo delimitado, preciso. Esta nova tipoloxía de xornalismo fomenta a creación de noticias únicas e exclusivas e constata, máis que nunca, a presencia do cuarto poder na nosa realidade social.

CONCEPTO

  O periodismo de datos é unha nova forma de facer xornalismo baseada no tratamento de grandes cantidades de datos. Os fenómeno da “Big Data” e, vencellado a este, a “Data Science” son un factor clave á hora de falar desta tipoloxía. O indiscutible incremento do número de documentos existentes é unha das principais causas explicativas deste movemento periodístico. Indubidablemente, os datos esixen, cada vez máis, dun tratamento exhaustivo e eficaz. A información contida debe ser procesada, isto é, interpretada e transformada en visualizacións atractivas para os receptores. Polo tanto, a confluencia de, por unha banda, o habitual proceso periodístico coa habilidade de crear unha historia crible, veraz e sólida pon de manifesto unha nova forma de transmitir os feitos.

   En consecuencia do anteriormente dito o xornalismo de datos aporta un engadido indispensable ao desenvolvemento da profesión. A análise, malia que xa era un trazo consubstancial da actividade,  gana en importancia e delicadeza. Por outra banda, a interpretación dos devanditos datos require, na meirande parte dos casos, de persoas especializadas neste ámbito. Porén, os programadores e deseñadores, non exclusivamente periodistas, cobrarán un protagonismo primordial nesta nova forma de facer chegar a información. Pese a todo, estes expertos, coma os xornalistas, deberán ter vocación de servizo público, é dicir, manter un compromiso inquebrantable coa sociedade.  

   O periodismo de datos non se desenvolve nun contexto baleiro. Cada vez máis, con gran frecuencia, emerxen novas ferramentas que axudan a manexar as inxentes cantidades de datos coas que convivimos. Por esta mesma razón, non é algo insólito que moitas das redaccións actuais xa conten coas súas propias aplicacións para controlar esta abundancia informativa.

SIGNIFICADO

    A interpretación precisa, exhaustiva e minuciosa dos datos deriva nunha claridade expositiva que, sen lugar a dúbidas,  resulta de gran utilidade para o receptor da información. A visualización explicativa e sintética a partir dunha gran cantidade de datos significa un paso máis alá e, por suposto, significa un control máis eficaz da actividade das institucións públicas. O xornalismo de datos é unha ponte entre o xornalista (e/ou programador) e o destinatario da información. Ineludiblemente, esta modalidade de expresar os feitos supón un avance no proceso comunicativo e un aforro de tempo considerable, algo tan valorado nos nosos días coa aparición da web 3.0 e a volatilidade dos recursos virtuais. As aplicacións interactivas constituíron un medio esencial para consolidar un novo factor no consumidor de medios: a participación. De igual modo, a infografía, froito das esixencias deste tipo de periodismo, acadou un papel estrela nos últimos tempos.

TRAZOS FUNDAMENTAIS:

  1. Válese de grandes cantidades de datos e de información para contar as historias.
  2. Emprega unha estética moi visual á hora de presentar os contidos, é dicir, unha das partes fundamentais desta tendencia é a visualización interactiva e navegable de certo tipo de datos. Deste xeito, apóiase moito en gráficos, textos, infografías, vídeos… Con todo, non debemos esquecer que o Xornalismo de Datos “non son gráficos e visualizacións, senón que é contar unha historia da mellor maneira posible.” (Aron Pilhofer, 2011).
  3. Coopera con outras profesións, como pode ser a de infografista ou programador “para desenvolver tarefas que van dende a extracción de datos e depuración dos sets ata o deseño das aplicacións de noticias (new apps)” (Crucianelli, 2013).
  4. Traballa con datos que son, na meirande parte dos casos, públicos, e que polo tanto, están ao alcance de calquera persoa. Agora ben, a complexidade desta tendencia aparece á hora de analizar eses datos e de chegar a conclusións.
  5. Este tipo de xornalismo vai intimamente unido ao desenvolvemento de ferramentas informáticas para a súa captura, tratamento e presentación.
  6. Normalmente, os xornais que desenvolven o Xornalismo de Datos teñen equipos especializados que se encargan de importantes traballos de investigación co manexo de grandes cantidades de datos. É o caso de xornais como The Guardian ou The New York Times.
  7. Ten unhas fases moi ben definidas e diferenciadas. Paul Bradshaw, xornalista online, determina na súa pirámide invertida as cinco etapas desta corrente: compilar, limpar, contextualizar, combinar e narrar a historia resultante. Sandra Crucianelli, unha das pioneiras na ensinanza e exercicio do Xornalismo de Datos, anuncia outras cantas: busca de datos, extracción e xestión, procesamento, visualización e creación e funcionamento de equipos de datos.
  8. Vai da man do fenómeno do Big Data (almacenamento de grandes cantidades de datos e o seu posterior procesamento) e do Open Data (corrente que reivindica a liberalización de certos datos para que estes sexan accesibles a todo o mundo).

INSTRUMENTOS QUE EMPREGA:

  1. Ferramentas informáticas, que permiten a busca de grandes cantidades de datos e o traballo con eles. Os datos manéxanse con Excel, que proporciona un método de traballo moi cómodo, mais non sempre atopamos a información en tal formato. Neste caso, temos que botar man de convertidores como Nitro ou Zamzar.com, que serven para extraer táboas dos PDF que nos limitan o manexo dos datos e levalas a un Excel. Cómpre ter en conta que moitas veces os sistemas de seguridade informática dos ordenadores impiden descargar programas que convertan os arquivos, mais cos dous nomeados anteriormente, non haberá este problema.
  2. Instrumentos que non son propios do xornalismo tradicional e que permiten a exposición dos datos cunha estética e estilo determinado: estatística, programación e gráficas.

ANTECEDENTES:

  1. As técnicas do Xornalismo de Investigación. Segundo a escritora e xornalista Petra Secanella, o Xornalismo de Investigación “é produto dunha iniciativa persoal na que non caben informacións de departamentos de prensa ou outros organismos oficiais e adoita dedicarse a asuntos que determinadas persoas e institucións prefiren manter en segredo”. Deste xeito, o Xornalismo de Datos consegue unha dimensión informativa de moita calidade, que se mergulla naqueles feitos que pretenden ser tapados intencionadamente por parte das institucións ás que non lle convén que saian á luz.
  2. Técnicas básicas do Xornalismo de Precisión, é dicir, todas as técnicas da investigación social aplicadas á investigación xornalística. Meyer, investigador estadounidente, deu en definir esta tendencia do xornalismo da seguinte maneira: “A aplicación de métodos científicos de investigación social e comportamental á práctica do xornalismo”.
  3. Periodismo Asistido por Computadora (PAC), que permite, a través de procesamentos, facer cálculos, e así, chegar a conclusións periodísticas. Trátase, pois, da adaptación das dúas tendencias xornalísticas explicadas anteriormente á tecnoloxía.

OUTRAS FORMAS DE XORNALISMO NA ACTUALIDADE:

Na actualidade existen outras formas de facer xornalismo. A proliferación de Internet, que cada vez sexa máis fácil crear blogues e páxinas web, e incluso o uso dos Smartphones e redes sociais permiten realizar o chamado xornalismo cidadán ou xornalismo 3.0. Este xornalismo, coma o seu nome indica está realizado polos propios cidadáns, e son eles mesmos os que emiten e así mesmo reciben a información.

Neste ámbito, unha das ferramentas máis importantes coas que contan hoxe os xornalistas son os blogs. Un blog é unha páxina web na que son publicados artigos en orde cronolóxica. Xeralmente móstrase primeiro o máis recente. Os artigos poden ordearse por categorías definidas polos editores do blog. Nestes medios non existe a presión empresarial dos medios tradicionais, e pode ser o propio usuario quen decida o que ler en cada momento.

Por outro lado, cada vez está máis estendido o uso das redes sociais para facer xornalismo. Incluso moitos medios tradicionais nas súas edicións dixitais empregan as redes para emitir contidos ou publicitar os seus artigos. Pero tamén existen cidadáns independentes que informan dos acontecementos que lles ocorren en primeira persoa. Así, por exemplo, pódese coñecer o que ocorre en catástrofes naturais, accidentes aéreos, etc.

Así mesmo, estase innovando  con outras formas de xornalismo cidadán menos coñecidas:

Xornalismo con GIFs. Un elemento habitual dende hai anos en internet, mais pouco empregado no xornalismo, son os GIFs animados. Defínense coma fotografías de baixa calidade unidas nunha secuencia repetida en bucle. Empréganse dende hai tempo para facer humor ou publicidade. Pero agora tamén son empregados nos artigos xornalísticos coma apoios ou ampliacións da información.

Xornalismo con Vines. A aplicación que permite facer videos de seis segundos que se envían e se autorreprodúcen por Twitter tamén cautiva aos xornalistas. Ao igual que os GIFs, o que comezou coma unha ferramenta de videos humorísticos demostrou ter sentido para documentar noticias. A axilidade deste formato é especialmente útil para mostrar pinceladas rápidas dalgún aspecto colateral da información (puntos de vista diferentes ou escenas tras os bastidores) ou para noticias de última hora. Hai incluso uns galardóns que premian os mellores Vines xornalísticos, The Vine Journalism Awards.

Xornalismo cómic. Hai tamén bos exemplos do que pode lograrse unindo a arte dun ilustrador co  dun xornalista que sabe resumir e narrar. Son imaxes estáticas pero conxugan xornalismo e ilustracións.

Tamén no fío do xornalismo cidadán articúlanse o xornalismo de propostas, o xornalismo social e o xornalismo hiperlocal.

Xornalismo de proposta. Xorde no ano 2000 perante  un proxecto creado por Guillermo Molina Villarroel, co fin de correxir e cambiar as intencións á hora de comunicar, debido ás propostas rutinarias dos anos oitenta e noventa do xornalismo cívico e de servicio. Segundo este tipo de xornalismo, o xornalista debe entender que o seu servicio non é só de informar senón que tamén a súa ética debe impulsalo a buscar, cambiar e dar a súa libre opinión, así sexa de inconformidade.

Xornalismo hiperlocal. Esta modalidade do xornalismo nace principalmente da iniciativa cidadá por proporcionar información achegada ao seu contexto xeográfico inmediato.

Xornalismo social. Proponse a articulación do eixo social cos temas da política e a economía na axenda dos medios de comunicación.

Xornalismo con dronsTras o éxito do xornalismo cidadán na cobertura de situacións de crisis coma as vividas durante a Primaveira Árabe, chega o “xornalismo Drone”; ou “Drone Journalism”. Trátase da última estratexia inventada para conseguir gravar imaxes reais sobre acontecementos de difícil acceso, incluso para os propios xornalistas cidadáns. Este fenómeno volve establecer unha alianza entre os cidadáns e a tecnoloxía en favor da liberdade de expresión. O elemento fundamental son os drons, é dicir, unha especie de aparellos non tripulados (que poden ser coches ou avións) equipados cunha cámara de vídeo, que permiten gravar panorámicas tan espectaculares coma as da empresa polaca RoboKopter cun minidrone volador dunha protesta en Varsovia entre nacionalistas polacos de extrema dereita que celebraban o día da independencia do país, anarquistas de extrema esquerda alemáns e axentes da Policía.

Robert Mackey, autor do blog The Lede fálanos deste fenómeno capaz de lograr imaxes espectaculares, propias case dunha producción cinematográfica. Un dos inconvintes cos que topa este fenómeno é a posibilidade de que as autoridades pechen o espació aéreo para evitar a gravación de vídeos aéreos similares, tal como sucedeu, segundo conta Mackey, coa Policía de Nueva York, durante as protestas do Occupy Wall Street.

Tal e como conta en ALT40, as posibilidades deste tipo de gravacións para distribuir información independente está espertando moito escepticismo polo seu poder, por iso quérese regular o uso destes artefactos.

Outro fenómeno que está chegando recentemente aos medios é a realidade virtual aplicada ao xornalismo. Polo de agora só se están facendo probas. Non obstante, xa houbo medios coma NBC que retransmitiron parte dos Xogos Olímpicos 2016 e algúns debates presidenciais estadounidenses.

A chegada da realidade virtual ao sector xornalístico ofrece un xeito distinto de contar as historias e, por iso, algúns medios están apostando por este formato para retransmitir en directo as informacións.

O uso desta tecnoloxía permite “levar” ás audiencias ao evento que están visualizando e, asemade, aporta unha comprensión máis profunda das historias. Con este propósito, medios como The New York Times, ABC News, Sky News, The Economist e Vice News xa incorporaron esta innovadora ferramenta. “A realidade virtual en vivo trascorre en tempo real, polo que é coma se o usuario estivera transportado ao lugar onde grava a cámara”, explica Helen Situ, encargada de negocios e desenvolvemento de productos en NextVR, compañía productora de eventos en realidade virtual.

Para poder presenciar estos eventos é preciso dispor dunhas gafas de realidade virtual ou un Smartphone que permita esta tecnoloxía. En España, o diario El País tamén está realizando probas coa realidade virtual, e xa emitiu unha reportaxe con visión en 360 graos.

O FUTURO DO XORNALISMO

É evidente que o xornalismo é unha profesión en constante evolución. As novas tecnoloxías son o motor dos cambios para  esta profesión. Cada vez estase empregando máis o termo de xornalismo cidadán, que é aquel feito por persoas da rúa con medios correntes, coma pode ser un teléfono móvil ou un ordenador. Por iso, hai persoas que pensan que é o final da profesión tal e como a coñecemos actualmente. E, porén, cada vez a sociedade tende a estar máis informada, cada vez búscase máis información, noticias sobre temas de interese… Deberiamos analizar a calidade desas informacións e os lugares onde a xente as busca. Cada vez máis, a xente infórmase polas redes sociais, que non son os medios máis confiables para atopar información. A vantaxe as redes é a inmediatez, pódese coñecer un suceso no momento en que pasa, polas testemuñas de primeira man. Non obstante, calquera pode escribir nas redes o que se lle ocorra, e haberá xente que o crea sen reservas e sen contrastar a información. Por iso, o futuro dos medios pasa por sufrir unha adaptación ao dixital, e manterse coma referentes informativos veraces e honestos.

En canto ao xornalista, cada vez tenderase máis cara a un xornalista dixital, un xornalista multifunción e todoterreo. E, aínda así, o xornalista seguirá existindo. Se cadra, non coma hoxe en día, pero persoas que teñan un nome seguirán existindo, xa sexa pola súa veracidade e honestidade, ou por todo o contrario.

Os medios están preocupados pola rentabilidade. En moitos casos non lles preocupa a información nin as persoas. Sen embargo, un claro exemplo de medio dixital sostible é eldiario.es. Este xornal dixital ten xa na súa redacción case 50 xornalistas que realizan o seu traballo día a día. Este diario destapou casos de escándalos moi coñecidos en España realizando xornalismo de investigación. No futuro a xente seguirá interesada nestes temas, polo que o xornalismo tenderá a ser especializado, e cada redactor deberá ser especilista nun tema do que escribirá os seus artigos. Así mesmo, a xente cada vez tenderá a ler artigos máis especializados e do seu interese. Por iso, as publicacións cambiarán e tenderán a ser máis especializadas, coma son hoxe as revistas, que tratan temas específicos coma poidan ser os médicos ou os informáticos.

Asemade, cada vez tenderase máis a empregar o xornalismo de datos. É aí onde está o futuro.

EXEMPLOS DE XORNALISMO DE DATOS:

Os xornais ofrecen cada vez máis tipos de datos. É cada vez máis común atopar noticias que inclúen un mapa, unha cronoloxía interactiva ou un gráfico que ilustra un problema.

O chamado “xornalismo de datos” é o futuro da profesión, aínda  que na realidade non é algo tan novo. Os xornalistas consultaron bases de datos, táboas e documentación dos arquivos dende os comezos da profesión. O que cambia é que agora a información está dispoñible en formato dixital e en volúmenes masivos e, por primeira vez, os datos poden ser procesados por sinxelos programas e representados nunha trama visual que permite descubrir tendencias que estaban ocultas e ofrecen novas perspectivas sobre un problema.

Varios medios tradicionais  puxeron xa a traballar no mesmo equipo a xornalistas, programadores e deseñadores para explicar con palabras, imaxes e gráficos historias que van dende por orden ao caos das redes sociais ata evidenciar redes de corrupción.

New York Times

The Washington Post ou o New York Times desenvolveron  bos exemplos dun cambio que se achega aos medios de comunicación. Por exemplo  unha visualización do NYT sobre os resultados da liga de fútbol americano.

Sen a posibilidade de recopilar e procesar en tempo récord o gran volumen de datos de pases da NFL este gráfico que compara os mellores xogadores de fútbol americano da historia non podería elaborarse. O gráfico pon aínda máis en evidencia a excepcionalidade dun xogador, neste caso o quaterback Peyton Manning, e serve de soporte e xustificación mesma do texto. A noticia nace da visualización.

Washington Post

Nun artigo, The Washington Post  cruza datos de asaltos con armas de fogo e gravacións de tiroteos que realiza a policía para explicar con moita máis profundidade o problema da criminalidade nalgunhas zonas da cidade. O xornalismo de datos, non só pode engadir gráficos e táboas, senón tamén mapas, audio e vídeo, para enriquecer aínda máis a noticia.

Nature

A revista Nature tamén fixo unha completa visualización interactiva das investigacións académicas máis citadas da historia ao combinar unha inxente cantidade de títulos académicos e citas. O impresionante volume de información permite ao lector navegar pola base de datos de xeito visual e sinxela e buscar pola súa conta o tipo de información que desexa.

Foreign Policy

As historias de sempre agora cóntanse doutro xeito. Coma nun mapa da revista Foreign Policy no  que se poden ver todas as grandes protestas populares no mundo mes a mes nos últimos 34 anos. Aínda que o mapa por si mesmo non explique a complexidade detrás de cada levantamento, é sen dúbida unha axuda que permite a cada lector buscar as respostas que desexa por conta propia sen ter que seguir necesariamente o camiño marcado polo xornalista no texto ou simplemente curiosear sobre cómo o noso mundo se move a unha velocidade maior da que pensamos.

BBC

A BBC tamén desenvolve exemplos de xornalismo de datos. Nun artigo, por exemplo, amósase como o xornalismo de datos pode dar un novo significado á tarefa de servicio público encomendada a entes pagados co diñeiro dos contribuíntes. Introducindo o seu código postal, o usuario pode comparala calidade do sistema de saúde na súa zona co doutras rexións e comprobar se está por encima ou por debaixo da media nacional. Este tipo de instrumentos dixitais dá poder aos cidadáns que, doutro xeito, non poden recopilar e analizar as diversas fontes nas que se orixinan estes datos para finalmente esixir melloras.

 

4. MAPA CONCEPTUAL

o-xornalismo-de-datos

Por se hai algún problema coa visualización do mapa conceptual, adxuntamos o link: http://popplet.com/app/#/3648366

5. CONCLUSIÓNS

Logo de realizar o traballo, podemos concluír que o xornalismo de datos é unha ferramenta in crescendo no mundo dos medios de comunicación actuais. Será, pois, un ámbito de gran interese para os futuros profesionais. A demanda de persoal con capacidades orientadas a este campo aumentará exponencialmente nos vindeiros anos.

Consideramos, ademais, que o universo dos datos é un pozo – aínda inexplorado – de historias que contar. Analizando eses contidos estatísticos, seremos quen de extraer relatos xornalísticos ata o de agora ocultos baixo a espesa capa dos números. Na arte de saber analizalos atoparase a clave dunha narrativa referente na comunicación da era tecnolóxica.

Centrándonos agora no documental e nas opinións vertidas nel, a conclusión xeral que se saca del é a necesidade de saber contalo e reflectilo dun xeito atractivo. Son os dous pilares básicos.  De xeito amplo, opinan que non basta unha estética seductora para acadar a comprensión do lector. Conseguen captar a atención nun primeiro momento, pero se non hai unha narrativa que fíe os datos entre si, o proceso de asimilación da audiencia acabará por frustrarse. É dicir, cómpre guiar ao lector, axudarlle a interpretar o que pretendemos transmitir. Só deste modo funcionará o discorrer comunicativo.


Bibliografía (manual de estilo APA)

¿Qué es el periodismo de datos?. (2016). eldiario.es. Recuperado o 10 Novembro 2016, de http://www.eldiario.es/norte/magazine/periodismo-datos_0_384611704.html

¿Qué es el periodismo de datos? – Manual de Periodismo de Datos. (2016). Interactivos.lanacion.com.ar. Recuperado o 10 Novembro 2016, de http://interactivos.lanacion.com.ar/manual-data/introducci%C3%B3n_0.html

5 ejemplos de periodismo de datos que dan alas a una nueva narrativa – Abierto al público. Abierto al público.  Recuperado o 15 Novembro 2016,  de  http://blogs.iadb.org/abierto-al-publico/2014/12/09/5-ejemplos-de-periodismo-de-datos-que-dan-alas-una-nueva-narrativa/

12 puntos para entender el periodismo de datos. (2013). Journalism in the Americas. Recuperado o 10 Novembro 2016, de https://knightcenter.utexas.edu/es/blog/00-13717-12-puntos-para-entender-el-periodismo-de-datos

Big data. (2016). Es.wikipedia.org. Recuperado o 10 Novembro 2016, de https://es.wikipedia.org/wiki/Big_data

Características básicas del periodismo de datos / Sandra Crucianelli. (2012). Recuperado o 10 de novembro de https://www.youtube.com/watch?v=HtnrOVuefmI

Data Journalism, la nueva frontera del periodismo 2.0. (2015). devreporter network. Recuperado de http://devreporternetwork.eu/es/italiano-data-journalism-la-nuova-frontiera-del-giornalismo-2-0/

Datos abiertos. (2016). Es.wikipedia.org. Recuperado o 12 de novembro de 2016, de https://es.wikipedia.org/wiki/Datos_abiertos

Díaz, L. (2016). Tribuna | ¿Cuál es el futuro del periodismo?. EL PAÍS. Recuperado o 15 Novembro 2016 de http://elpais.com/elpais/2015/04/22/opinion/1429712123_023108.html

Díez, J. C.(2016). El futuro del periodismo – El Blog de José Carlos Díez. El Blog de José Carlos Díez. Recuperado o 15 Novembro 2016 de http://www.jcdiez.com/2016/04/24/el-futuro-del-periodismo/

Gonzalo, P. (2016). 6 iniciativas fundamentales para entender el Periodismo Drone | Periodismo Ciudadano. Periodismociudadano.com. Retrieved 15 November 2016, from http://www.periodismociudadano.com/2015/01/26/6-iniciativas-fundamentales-para-entender-el-periodismo-drone/

Gonzalo, P. (2016). Periodismo Drone: allí donde no llegan las cámaras | Periodismo Ciudadano.Periodismociudadano.com. Recuperado o 15 Novembro 2o16 de http://www.periodismociudadano.com/2012/04/04/periodismo-drone-alli-donde-no-llegan-las-camaras/

Gozalbo Berenguer, M. (2016). Análisis electoral del 20-D a partir del Periodismo de Datos realizado por El Confidencial, El Español y El Mundo (Trabajo Fin de Grado). Universitat Jaume.  http://repositori.uji.es/xmlui/bitstream/handle/10234/162133/TFG_2015_gozalboM.pdf?sequence=1

La Razón,. (2012). Periodismo de datos por Ángel Valle. Recuperado de http://www.larazon.es/historico/6856-periodismo-de-datos-por-angel-valle-FLLA_RAZON_462087#.Ttt1h9v29P9rApI

Mapped: Every Protest on the Planet Since 1979. (2016). Foreign Policy. Recuperado o 21 Novembro 2016, de  http://www.foreignpolicy.com/articles/2013/08/22/mapped_what_every_protest_in_the_last_34_years_looks_like#sthash.NQuIKmEC.LW57HQye.dpbs

NHS Winter 2014-15: Weekly A&E tracker – BBC News. (2016). BBC News. Recuperado o 21 Novembro 2016 de  http://www.bbc.co.uk/news/health-25055444

Seis herramientas digitales para incluir en el periodismo de datos. (2013) Journalism in the Americas. Recuperado o 10 Novembro 2016, de https://knightcenter.utexas.edu/es/blog/00-14185-seis-herramientas-digitales-para-incluir-en-el-periodismo-de-datos

Periodismo. (2016). Es.wikipedia.org. Recuperado o 15 November 2016 de https://es.wikipedia.org/wiki/Periodismo

Periodismo ciudadano. (2016). Es.wikipedia.org. Recuperado o 15 Novembro 2016 de https://es.wikipedia.org/wiki/Periodismo_ciudadano

Periodismo de datos. (2016). Es.wikipedia.org. Recuperado o 10 Novembro 2016, de https://es.wikipedia.org/wiki/Periodismo_de_datos

Periodismo de datos – Grupo de trabajo – Medialab-Prado Madrid. (2016). Medialab-prado.es. Recuperado o 10 Novembro 2016, de http://medialab-prado.es/article/periodismo_de_datos_-_grupo_de_trabajo

Periodismo de datos 3. (2013). Recuperado de https://www.youtube.com/watch?v=5DmIsqxlgPw

Quealy, G. (2016). Why Peyton Manning’s Record Will Be Hard to Beat. Nytimes.com. Recuperado o 20 Novembro 2016, de http://www.nytimes.com/interactive/2014/10/19/upshot/peyton-manning-breaks-touchdown-passing-record.html?_r=0&abt=0002&abg=1

Shots heard around the District. (2016). Washington Post. Recuperado o  21 Novembro 2016, de http://www.washingtonpost.com/wp-srv/special/local/dc-shot-spotter/

Van Noorden, R., Maher, B., & Nuzzo, R. (2016). The top 100 papers. Recuperado o  21 Novembro 2016, de http://www.nature.com/news/the-top-100-papers-1.16224

Imaxe de cabeceira: Barry Blitt

 

 

 

 

3 opiniones sobre “O xornalismo na era dos datos

  1. Título: ben. Resto, epígrafes igual que no guion do trabllo.
    Asuntos: ben. Claro e preciso.
    Fontes: Están todas as persoas. Ben situada no listado Paige West, J., por primeira vez. Sen embargo, está algo resumido. Hai aportacións como Holmes, Heer, Rodendeck ou Cox que ofrecen referencias a textos, proxectos e traballos xornalísticos insertos no xornalismo de datos, sen separalos e apuntando as URLs, por exemplo. De feito, o paso de diapositivas, das que se fala nos asuntos, é unha achega de Heer nun artigo que se menciona no documental. Pero o mesmo que se actualizou, por exemplo, a situación profesional de Álvaro Valiño estaría ben facer o mesmo co resto e, incluso, incluir algunha URL que leve ás biografías. Cairo xa non está na editorial O Globo. Steiger é un dos fundadores de ProPublica. Lembrar que os nomes dos xornais ou publicacións van en cursiva, ao igual que os títulos das películas. ¿Universidad Berkeley e Stanford non aparecen moi reseñadas. De feito, Stanford é promotora do documental e o director tivo vinculación académcia coa mesma. ¿All Roads, que significa? Ou Ebb and Flou at the Box Office, que é; publicouse en The New York Times: http://www.nytimes.com/interactive/2008/02/23/movies/20080223_REVENUE_GRAPHIC.html?_r=0?

    Gústame

  2. Xornalismo datos: importancia era unha forma de englobar o desenvolvemento do que é xornalismo de datos. Na medida en que o sitúamos e o concretizamos xa estamos marcando a relevancia do mesmo. A infografía é unha forma de narrar que non aparece co xornalismo de datos, é algo anterior e ten a relevancia de que conxuga linguaxes para facer un discurso gráfico-textual que ten como destinatario un lector que require unha representación clara e visualmente agradable das mensaxes informativas. En que idioma fala Aron Pilhofer? Non pode ser en galego. E Sandra Crucianelli? As citas deben ir na linguaxe orixinal. Aínda que as 2 citas están ben referenciadas.
    Futuro: unha cousas son as ferramentas/aplicacións/instrumentos para realizar o traballo (son as bases de datos tamén medios) e outra cousa sería outras formas de facer xornalismo, si as hai, si os expertos falan de novas modalidades narrativas ou novos formas de entender o xornalismo. Os gifs son pequenas animacións que forman parte da web dende finais dos 90, e en que modifica o seu uso o xornalismo? Hai un montón de aplicacións para realizar vídeos, de un minuto ou de 25. Xornalismo gifs, vines e comic, copiado-traducido ao galego de http://www.radiocable.com/periodismo-gif-comic-vine382.html. Xornalismo de proposta, copiado-traducido ao galego de https://sites.google.com/site/elmejorperiodismo/periosita-de-propuesta ou xornalismo hiperlocal, o parágrafo aparece dende wikipedia ata no libro Nociones de cibercultura y periodismo? Xa non reviso máis, isto non está ben.
    Outras fontes como Paul Bradshaw (en realidade, a proposta de Bradshaw non é a pirámide invertida, método tradicional no xornalismo, senón o diamante (https://onlinejournalismblog.com/2007/09/17/a-model-for-the-21st-century-newsroom-pt1-the-news-diamond/ ou https://onlinejournalismblog.com/21st-century-newsroom/ que tamén está en español https://tejiendo-redes.com/2009/09/01/introduccion-al-modelo-para-la-redaccion-del-siglo-xxi/ ou https://tejiendo-redes.com/2009/11/18/todo-el-modelo-para-la-redaccion-del-siglo-xxi/), segunda cita de Crucianlelli, Secanella, Meyer (Philip Meyer aplicou os métodos das ciencias sociales para investigar las causas subyacentes de los disturbios del verano de Detroit en 1967, traballo que permitiu ao xornal Detroit Free Press ganar un Premio Pulitzer pola investigación en 1968 (https://s3.amazonaws.com/s3.documentcloud.org/documents/2070181/detroit1967.pdf). Ademais Meyer é o autor do libro Periodismo de Precisión, publicado en 1973, que é onde desenvolve a necesidade de coñecer e usar a metodoloxía das ciencias sociais no xornalismo e onde fala da aplicación dos procedementos das ciencias sociais ao xornalismo e conta como foi a súa colaboración no artigo publicado no Detroit Free Press.), Rober Mackey (blog), Alt40. Villaroel non están ben citados.

    Gústame

  3. Ferramentas: hai moitas máis, e máis usadas, algunhas están nas infografías feitas por vos (https://patriciaferreiralopes.com/2013/06/01/10-potentes-herramientas-para-visualizacion-de-datos/).
    Os exemplos son os que aparecen no Manual de Periodismo de datos e nin siquera teñen un enlace aos mesmo. Hai algúns máis, e máis actualizados.
    Mapa conceptual: non entendo ben. Por exemplo, no punto de Futuro (Big data…) no texto non se mencionan. Referente, The New York Times, non se alude a isto no texto de xornalismo datos.
    Bibliografía (APA):
    Fernández, P. (2015, 15 de mayo). ¿Qué es el periodismo de datos?. Eldiario.es (sitios en cursiva). Recuperado de URL.
    Gray, J., Bounegru, L. y Chambers, L. (Eds.). (2011). Título. Nacion Data, Libros. Recuperado de http://blogs.lanacion.com.ar/data/libros/ (habería que buscar a orixe)
    Mejia, J. (s. d.). Título. Sitio (cursiva). Recuperado de URL
    Crucianelli, S. (2013, 29 de abril). Título. Sitio (en cursiva). Recuperado de URL
    Wikipedia (2016, 25 noviembre). Título. Recuperado de URL.
    Crucianelli, S. (2012, 28 de agosto). Título. Sitio (cursiva). Recuperado de URL
    Wikipedia (segunda entrada de Wikipedia?)
    Díaz, L. (2015, 23 de abril). Título. El País (cursiva). Recuperado de URL

    Valle, A. (2012, 2 de junio). Título. La Razón.es (cursiva). Recuperado de URL
    E aquí paro a revisión. Incorrecto o listado de fontes. Falta mención a Bradshaw, Meyer, Secanella, alt40, Villaroel e Mackey. Hai que empezar sempre pola autoría, xa sexa persoa ou organización.
    Todo nunha entrada. 1 imaxe. Non referenciado o documental.

    Gústame

Deixar un comentario