Publicado en Traballos individuais

O devir do ser humano

Falamos de futuro e énchesenos a boca de marabillas. A ciencia ficción atráenos sobremaneira, pensando que os avances tecnolóxicos só nos poden levar a unha vida mellor. 

O que si podemos dicir con claridade é que o futuro está aquí; ou case. Todas as comodidades imaxinables están ao noso alcance ou en desenvolvemento, e moitas delas están estreitamente relacionadas coas tecnoloxías, a internet, e o ciberespazo que mantén todos estos avances nunha continua conectividade.

Mentres que a sociedade en xeral valora positivamente toda mellora que nos faga máis fácil a vida cotiá; os expertos alertan: unha vida dependente das tecnoloxías podería deixar de ser vida. “Podemos chegar a unha situación na que miles de millóns de persoas sexan economicamente innecesarias e formen parte dunha clase social inútil”, como ben indica Yuval Harari, historiador e escritor de orixe israelí.

Concretamente, Harari fai referencia a unha nova especie de superhome, (máis algoritmo que home), que pasará a controlar todos os aspectos da nosa vida. Se nos poñemos no caso dun xornalista, estudos da Universidade de Oxford aventúranse a indicar que en 10 anos moi posiblemente a nosa profesion sexa desenvolvida por autómatas capaces de producir informacións, eliminando así milleiros de postos de traballo. Algúns adiántanse a esto, como a axencia de prensa norteamericana Associated Press (AP), que en 2014 xa avanzaba que incluíria máquinas nas súas redacións para automatizar certas informacións.

Pero depender das tecnoloxías tamén merma as nosas habilidades naturais. Rodeámonos de dispositivos intelixentes que realizan certas funcións básicas por nós, (o que non deixamos de chamar internet das cousas); e a natureza non é parva: se deixas de utilizar algunha parte do corpo, pouco a pouco irá resultando innecesaria.

O futuro está cheo de sorpresas, e nós debemos actuar en consecuencia. Se seguimos perseguindo unha vida máis fácil na que non teñamos que mover un músculo para traballar, ou camiñar, ou comer… perderemos a verdadeira esencia do ser humano (?).

Lucía Junquera Pazos

Unha opinión sobre “O devir do ser humano

  1. Achégase algo máis ao que se solicitaba. Era unha reflexión sobre como poden incidir tecnoloxías como a ciencia dos datos ou a intelixencia artificial no discurrir da sociedade. Hai citas pero que non son correctas. Un enlace no texto non é unha cita, tal como o vimos nos textos de clase. Por outra parte, esas citas deberían estar como referencias con todos os datos. Tampouco a entrevista do historiador está correcta e tamén falta a referencia completa. Certamente había que documentarse, e hai apuntes doutras documentacións pero que requerían facer correctamente esas referencias.
    Clemente, Enrique. “Yuval Harari: El mundo se dividirá en superhumanos mejorados y una masa imprescindible” [entrevista]. La Voz de Galicia, 15 outubro 2016. [Consulta: 3 novembro 2016].

    Gústame

Deixar un comentario